Caurel Vivo pídelle á Xunta que mellore as comunicacións co Courel

RibeiraSacraXa
A agrupación municipal do Courel, Caurel Vivo, vén de denunciar que caeu unha barronca nun tramo da estrada LU-651 á altura de Ferrería Vella, deixando habilitado só un carril.
21 Dec 2022

A agrupación municipal do Courel, Caurel Vivo, vén de denunciar que caeu unha barronca nun tramo da estrada LU-651 á altura de Ferrería Vella, deixando habilitado só un carril.

Dende o grupo defenden que este feito xa se producira máis veces, como en marzo, cando caera tamén nesta mesma estrada e preto de Santa Eufemia.

Critican que, tras analizar varias formulas para arranxala definitiva, escolleuse a máis barata, pero non a máis segura e duradeira. A Xunta licitou con arredor dun millón de euros no acceso provisional e 4 meses despois xa sufriu gretas e socalcos.

Tamén din que o 1 de Abril  de 2022 contratouse a mellora da estrada entre a Ferrería Vella a Seoane para arranxala no prazo dun ano e por importe de case tres millóns de euros, pero a 4 meses de rematar o prazo, "aínda non hai movemento de terras, polo que auguramos que incumpriranse os prazos", explican.

E adelantan que van presentar unha moción para solicitarlle á Xunta que "deixen de poñer parches e atrancos coas comunicacións do Courel e que cumpran con obras seguras e duradeiras".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17442512512207