Corenta voluntarias e voluntarios fórmanse para previr incendios en Chantada e Monforte

RibeiraSacraXa
40 voluntarios de protección civil dos municipios de Chantada e Monforte participan en dous cursos de formación
curso incendios chantada 2
31 Oct 2022

Cun total de 40 prazas dispoñibles, voluntarios e voluntarias de Chantada e Monforte poderán asistir a dous cursos que se desenvolverán nestes municipios entre esta semana e a vindeira.

Estas iniciativas forman parte da programación da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) para o segundo semestre do ano contan con 20 prazas cada unha.

A actividade de Chantada desenvolverase ata o 5 de novembro na aula Cemit. Proporcionará ao persoal voluntario formación sobre prevención e loita contra os incendios nos ámbitos urbano e forestal, así como nocións de primeiros auxilios.

No caso de Monforte de Lemos, a base de helicópteros do Marroxo acollerá os días 3 e 4 de novembro un curso básico de manexo de motoserras. A finalidade é preparar aos membros das agrupacións para participar con seguridade en intervencións de retirada de emerxencia de árbores caídas ou pólas desprendidas.

A Agasp convoca estas accións no marco dun plan de formación continua que inclúe entre os destinatarios ao persoal voluntario de Protección Civil. A programación deste semestre na provincia de Lugo inclúe sete cursos con 152 prazas que abranguen diferentes áreas relacionadas co desenvolvemento das funcións propias destas agrupacións.

0.14366102218628