'O Camiño de Inverno no Xeoparque Montañas do Courel' centra un concurso de fotografía
O Concello de Quiroga vén de convocar un concurso de fotografía baixo a temática 'O Camiño de Inverno no Xeoparque Montañas do Courel'. Repartiranse 350 euros en premios e todos os traballos que se presenten formarán parte da exposición que se abrirá coincidindo coa celebración no municipio do chamado Xeolodía, o 8 de maio.
As persoas interesadas en participar poderán presentar as súas fotografías desde o 22 de marzo ao 24 de abril.
As obras deberán ser impresas en papel fotográfico e ter un formato mínimo de 23x36 cm. Remitiranse por correo postal ao Concello de Quiroga, acompañadas do formulario de inscrición. O sobre levará a indicación 'II Concurso Fotografía Xeoparque Montañas do Courel'.
O Concello estableceu para o certame un total de tres premios, de 200, 100 e 50 euros. O fallo do xurado farase público na semana do 6 ao 10 de xullo.
Todas as fotografías que participen no concurso formarán parte dunha exposición que se abrirá coincidindo coa celebración no municipio do chamado Xeolodía, os días 8 e 9 de maio.
O Xeolodía é unha xornada de divulgación do patrimonio xeolóxico que organiza a Sociedade Xeolóxica de España coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia, dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación, e a Tecnoloxía e a Asociación Española para a Ensinanza das Ciencias da Terra.
As bases e o formulario de inscrición do concurso fotográfico pódense atopar na web e nas redes sociais do Concello de Quiroga.