Convocan axudas para financiar proxectos de innovación no agro

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a resolución de convocatoria das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), que contarán en 2024 cun orzamento de 2,5 millóns de euros, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC (PEPAC) 2023-2027.
cabaciño agro
26 Xan 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a resolución de convocatoria das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), que contarán en 2024 cun orzamento de 2,5 millóns de euros, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC (PEPAC) 2023-2027. O prazo de presentación de solicitudes por parte dos interesados será dun mes e contarase a partir de mañá, día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

O obxectivo principal destas subvencións, xestionadas pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, adscrita á Consellería do Medio Rural, é fomentar a innovación no medio rural, en áreas prioritarias de actuación tales como a xestión sustentable dos recursos naturais, sistemas agrarios de produción, cadea agroalimentaria, bioeconomía ou aplicación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) ao sector.

Desta forma, os grupos operativos -que deberán estar formados polo menos por dous membros- buscan poñer en marcha novas formas de cooperación para a execución de proxectos innovadores relacionados coa Asociación Europea de Innovación (AEI). A finalidade última é resolver un problema ou aproveitar unha oportunidade determinada nos sectores agroalimentario e forestal.

Beneficiarios

Os posibles beneficiarios destas axudas son os agricultores, gandeiros, silvicultores e organizacións representativas destes, centros de investigación ou persoas que desenvolvan por conta propia a súa actividade no eido do medio rural.

Tamén se trata de empresas do sector agrícola, gandeiro ou forestal e as súas organizacións representativas, cooperativas agrarias e as súas asociacións e outras entidades que demostren intereses no fomento da competitividade da agricultura, na sustentabilidade dos recursos naturais e do clima ou desenvolvemento das economías e comunidades rurais.

Enlace á axuda

0.18115496635437