Concerto solidario coas vítimas de Ucraína no Concello de Sober

RibeiraSacraXa
Sober organiza un concierto solidario con las víctimas de Sober. Actuarán Os Parentes y DJ Nacho Morales y Elías Vieira.
concerto solidario sober
17 Mar 2022

O Concello de Sober colabora, no marco do Mes do Amandi, co concerto solidario coas vítimas de Ucraína, que vai ter lugar o sábado 26 de marzo ás 22.00 horas na Praza do Toural.

Actuarán Os Parentes e DJ Nacho Morales e Elías Vieira, coa fin de recadar fondos que irán destinados integramente a familias ucraínas.

Os Parentes componse de sete músicos. As súas actuacións baséanse nas versións de temas e composicións con moito carácter rural, é moi característico o toque de humor e retranca que forma parte dos seus concertos.

Pídese a colaboración mediante a recollida de achegas económicas que voluntariamente faga a xente que asista ao concerto, que serán doadas ó 100% para contribuír a esta causa.

Para máis información pódese chamar aos números 666 874 379, 677 841 723 e 610 707 643.

0.12257504463196