Comeza o Nadal en Quiroga co acendido do alumeado
O Nadal comezou en Quiroga co acendido do alumeado das rúas, que están cheas de colorido. Esta acción marca o inicio das actividades que o concello quirogués ten preparadas para estas festas. Nos vindeiros días está previsto que se iluminen tamén as luces da praza España.
Entre as numerosas actividades organizadas, hai algunhas específicas para os máis pequenos, como os certames de poesía e de postais de Nadal, o curso de cociña Minichef ou a festa de inchables.
Pero tamén haberá iniciativas para os adultos, como a bingo de Nadal ou a cea 'Xuntos Celebramos o Nadal' o próximo 22 de decembro onde haberá traballos manuais, xogos e merenda. Ese mesmo día presentarase o libro “Bendollo sempre na memoria, crónica urxente dun mundo que esmorece”.
Con todo, as actividades en familia serán as maioritarias: o tradicional Festival de Nadal, unha exhibición de Baile Moderno organizado pola ANPA do Ceip, a visita de Papá Noel, o espectáculo O Aparpador orquestra, o Torneo de Nadal de Fútbol Sala, os monicreques da Saga de Flin Havardr, a carreira San Silvestre Solidaria ou a Cabalgata de Reis.