Comeza a renovación integral da piscina de Monforte

RibeiraSacraXa
Segundo explicou o rexedor, unha vez rematadas as reformas, a piscina volverá abrir totalmente renovada, converténdose nunha infraestrutura practicamente nova
Nova-Piscina-municipal-de-Monforte
28 Sep 2024

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou que a Piscina Municipal de Monforte cesará o seu servizo a partir do luns 30 de setembro debido ao inicio das obras para a súa renovación integral. O último día de apertura será o 30 de setembro, e as obras comezarán o 1 de outubro.

Segundo explicou o rexedor, unha vez rematadas as reformas, a piscina volverá abrir totalmente renovada, converténdose nunha infraestrutura practicamente nova. Esta renovación segue o proxecto anunciado no pasado mes de marzo, no que Tomé describía a intervención como "unha obra de moita envergadura", que deixará só parte da estrutura orixinal da piscina. “Logo da reforma”, salientou José Tomé, “os monfortinos e monfortinas contarán cunha piscina moderna, segura, eficiente, sostible e en estado óptimo de utilización”.

A nova instalación terá unha estética similar ao Pavillón Polideportivo de A Pinguela, mantendo a harmonía visual do entorno. “Esa parte da cidade”, subliña o rexedor monfortino, “mellorou moitísimo a súa calidade residencial, pero isto ímolo completar co arranxo integral da Piscina municipal, que igual que ocorreu co pavillón imos facer unha piscina practicamente nova”.

O proxecto d piscin conta cun investimento de 2.047.009,42 euros, cofinanciado por varias administracións. O Consello Superior de Deportes achegará 644.882,94 euros (31,5%), a Deputación Provincial de Lugo contribuirá con 600.000 euros (29,3%), mentres que o Concello de Monforte asumirá 802.126,48 euros (39,2%) do custo total. A reforma busca ofrecer unhas instalacións modernas e actualizadas para os veciños, garantindo un espazo deportivo acorde ás demandas actuais da poboación.

0.16503286361694