Unha charla informativa sobre seguridade dirixida a persoas maiores terá lugar en Chantada

RibeiraSacraXa
O Auditorio Municipal de Chantada acolle este xoves, 18 de abril, ás 18.
auditorio Chantada 8M
17 Abr 2024

O Auditorio Municipal de Chantada acolle este xoves, 18 de abril, ás 18.00 horas unha charla informativa sobre seguridade dirixida a toda a poboación, con especial atención á prevención e mellora da seguridade das persoas máis maiores.

A actividade forma parte do Plan Maior Seguridade, que promove o Ministerio do Interior e imparte a Garda Civil de Lugo, para ofrecer información e consellos ante roubos, furtos, estafas, malos tratos… e saber como actuar ante estas circunstancias se o delito se produce na vía pública, no domicilio, no banco, en internet ou nas viaxes.

Por exemplo, na vía pública recoméndase camiñar pola parte interior da beirarrúa, colocando o bolso no lado da parede. Evitar facer ostentación de xoias ou outros obxectos de valor e protexer bolsos ou carteiras nas grandes aglomeracións. Con internet aconséllase non confiar en supostas mensaxes dos bancos nas que soliciten as claves secretas ou os números das tarxetas bancarias. Non realizar compras en páxinas que non garantan a seguridade dos datos. Ser precavido co perfil e datos persoais ao acceder a redes sociais e desconfiar de grandes ofertas na internet.

Insistirase durante a charla aberta a todas as persoas interesadas en que a Policía e a Garda Civil están para axudarlles; “Se vostede ten algún problema, ou cre que foi vítima dalgún delito, non dubide en chamarnos”.

0.087878942489624