Chantada acolle o contacontos 'Rapazas de Conto' con motivo do 25 N

RibeiraSacraXa
Dentro das accións relacionadas co Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, este venres 24 de novembro terá lugar a proposta 'Rapazas de Conto' da man de Marisa Irimia no Concello de Chantada.
Chantada 25N
Chantada 25N
23 Nov 2023

Dentro das accións relacionadas co Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, este venres 24 de novembro terá lugar a proposta 'Rapazas de Conto' da man de Marisa Irimia no Concello de Chantada.

A iniciativa comezará ás 17.00 horas na Biblioteca Pública Municipal de Chantada. Trátase dun espectáculo de narración oral que ten o obxectivo de fomentar valores igualitarios.

A sesión pretende, a través do poder da palabra e dos contos, previr a violencia contra a muller dende a infancia.

contacontos_concello_de_chantada
0.08110499382019