Chantada acenderá as luces de nadal este xoves

RibeiraSacraXa
O Poboado de Nadal, que nesta ocasión instalarase na Praza do Mercado e na Praza da Paz, abrirá o mesmo xoves
Día de Reis, Chantada
Dá de Reis, Chantada
30 Nov 2024

O Concello de Chantada a través da Concellaría de Cultura prepara unha completa programación para celebrar en familia este Nadal. Ademais en colaboración coa brigada de Parques e Xardíns estase decorando a vila e instalando a iluminación para estas Festas.

A montaxe de Nadal en Chantada inaugurarase o xoves, 5 de decembro, ás 20:15h. co acendido das luces e a apertura do Poboado de Nadal que nesta ocasión instalarase na Praza do Mercado e na Praza da Paz, xa que a Praza do Cantón está afectada polas obras do Museo de Manuel Jorge.

O Concello de Chantada amplía este ano a decoración e a iluminación, “Aumentamos as luces que se poñen nas rúas e tamén incrementamos as rúas con iluminación. Engádense novos detalles decorativos nas rúas e prazas. Este ano queremos que teñan presenza en Chantada as 36 parroquias da vila e na zona de Leonardo Rodríguez reflectímolas de modo simbólico na decoración das árbores. Seguimos apostando polo Poboado e aumentando as súas pezas para crear ese espazo de encontro que é un referente en Chantada durante o Nadal”, explica o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.

En canto á programación para estas Festas, despois da inauguración da decoración, a primeira cita será o 20 de decembro ás 17.00 horas na Biblioteca Municipal co contacontos interactivo,Nadal en Prácticas”.

O Auditorio Municipal será o escenario de catro propostas especialmente pensadas para o público infantil e para compartir en familia. O día 23 de decembro ás 19.00 horas. acollerá o espectáculo infantil “Elfos en prácticas”. O 27 de decembro ás 19:00 horas proxectarase a película infantil, “Migración, unha viaxe patas arriba”. Segue o cine o 30 de decembro coa proxección de “El chico y la garza” e o 2 de xaneiro ás 19:00 horas contarase co espectáculo infantil “Picadiscos”.

 

 

 

 

 

 

 

 

A Cabalgata de Reis celebrarase o 5 de xaneiro desde as 18:30h. Despois do desfile polas rúas da vila, as Súas Maxestades recibirán ás nenas e nenos no Auditorio Municipal onde haberá chocolatada popular.

 

A programación de Nadal no Concello de Chantada complétase cos campamentos e obradoiros destinados aos máis novos/as da casa co obxectivo de favorecer a conciliación durante estas Festas. Para participar nestas actividades abriranse inscricións na Casa da Cultura nos próximos días.

0.19365811347961