Catorce grupos actúan na XI edición dos Cantos de Taberna da Pobra do Brollón
A Pobra do Brollón celebra a primeiro décima edición dos seus Cantos de Taberna. Na cita, celebrada o vindeiro 9 de decembro de 18.00 a 23.00 horas, actuarán catorce grupos arredor dos bares do municipio.
O cartel compóñeno Airios do Petimor, Cachucha´al pilpil, Cantareiras de Fornelas, Con Ton e Son, Corenta e chinco, Foliada de Bosende, Ministreles, Os Bochetas e os Estoupafoles. Tamén actuarán Searas, Sintróm e Son, Som do Brollón, Son do Mao e TaberNos.
Os bares que participan nesta edición son Avenida, Bar Pirata, O Fogón, Primeiro de Maio, Salanova e A Vella Taberna. O ano pasado o municipio recuperou esta festa despois da pandemia e participaron nesta iniciativa 16 agrupacións de música, que actuaron arredor dos bares do municipio. Nesta edición a foliada expansiva terá lugar polos locais de hostalaría do Concello.