Carballedo acolle a XXI edición da Feira de Carne ó Caldeiro e Produtos Locais

RibeiraSacraXa
O Concello de Carballedo organiza o vindeiro domingo, 14 de abril, a súa XXI edición da Feira de Carne ó Caldeiro e Produtos Locais.
Festa_da_Carne_ao_Caldeiro_Carballedo
18 Mar 2024

O Concello de Carballedo organiza o vindeiro domingo, 14 de abril, a súa XXI edición da Feira de Carne ó Caldeiro e Produtos Locais.

Os veciños que quieran participar poderán ir xa reservando a carne chamando aos números 982 46 63 51, 982 46 61 66, 982 46 62 71, 609 84 73 92 ou 696 98 97 67.

Os organizadores son os da Asociación de Veciños O Bubaíño Castro e con eles colaboran Caixa Rural Galega, a Deputación de Lugo, o Sindicato Labrego Galego, e Tres Fuciños.

Como todos os anos, o 14 de abril abriranse os postos de artesanía e productos locais e terá lugar o pasarrúas cun grupo de música que amenizará a xornada, que contará co pregón dalgunha figura recoñecida e abrirase a carpa para degustar a carne e demais produtos da Ribeira Sacra.

0.15573811531067