Cambian os horarios de apertura da pista de atletismo do Concello de Monforte

RibeiraSacraXa
Desde o Goberno local animan aos cidadáns e cidadás monfortinas a que usen as instalacións
Pista-atletismo-Monforte
1 Out 2024

Desde o Concello de Monforte informan de que a partir do 1 de outubro de 2024, cambia o horario da Pista Municipal de Atletismo.

Así, o novo horario, de luns a venres non festivos será de 9.00 a 22.00 horas en horario ininterrompido; mentres que os fins de semana e festivos a instalación abrirá exclusivamente para a actividade de clubs deportivos federados.

Desde o Goberno local animan aos cidadáns e cidadás monfortinas a que usen as instalacións, xa que poden ser escenario de diversas actividades deportivas.

0.14668297767639