Bóveda promove unha campaña de compostaxe doméstica en pro da reciclaxe

RibeiraSacraXa
Bóveda promove unha campaña de compostaxe doméstica para promover a reciclaxe de residuos orgánicos nos domicilios
compostaxe boveda portada
31 Out 2022

O concello de Bóveda vén de poñer en marcha esta iniciativa de compostaxe doméstica para promover a reciclaxe de residuos orgánicos nos domicilios.

Mediante a instalación hoxe na Praza do Concello, en horario de 10.30 a 13.00 horas, dunha carpa informativa o obxectivo do proxecto é que os veciños e veciñas do termo municipal interesados en participar nesta campaña de compostaxe doméstica poidan informarse e inscribirse na mesma.

Esta campaña está ideada para a participación de 50 vivendas pertencentes preferentemente á zona rural, sendo a condición indispensable posuír un espazo de horta ou xardín no que colocar un composteiro, que recibirán de forma totalmente gratuíta.

compostaxe boveda
0.18240022659302