Bóveda acollerá unha exposición de pintura e teatro o día 9 de abril
O Concello de Bóveda retoma este mes de abril a dinamización do espazo expositivo do Centro Sociocultural que se vira afectado pola pandemia cunha 'Inauguración con aperitivo' da obra pictórica dun veciño da localidade: 'El danés' o día 9 ás 19.00 horas.
Ata agora, nesta época de restrición de aforos, as exposición que se viñan realizando eran as organizadas polo Concello de Bóveda, pero agora o espazo expositivo ábrese de novo a aqueles artistas que o queiran empregar como sala de mostras.
Contacto de Henrik Lindegaard Jensen: 675 633 702.
A maiores, tamén o día 9 de abril, volve o ciclo de expresións teatrais coa representación de 'A tortilla e a peste' a cargo de Nova Escena Teatro no Centro Sociocultural ás 20.00 horas.
SINOPSE
A privación de contacto, o illamento, a distancia, fan que cousas cotiás, como unha simple tortilla, adquiran unha dimensión diferente, converténdose no “axis mundi” duns personaxes ligados ao mundo a través do finísimo fío da tecnoloxía.
Esta representación enmárcase na programación de Nadal do Concello que inclúe maxia, a carreira Milla urbana, contacontos e ata unha pista de xeo na praza da vila.