Avánzase no proxecto de supresión dos pasos a nivel de Juan Montes e Rioseco de Monforte

RibeiraSacraXa
Monforte deu conta do proceso de comunicación de levantamento de actas previas á ocupación das leiras afectadas polo Proxecto de supresión dos pasos a nivel dos puntos quilométricos 361/620 e 361/845 na liña León – A Coruña no termo municipal de Monforte de Lemos, que suporá a supresión dos pasos a nivel de Juan Montes e Rioseco.
23 Feb 2024

Monforte deu conta do proceso de comunicación de levantamento de actas previas á ocupación das leiras afectadas polo Proxecto de supresión dos pasos a nivel dos puntos quilométricos 361/620 e 361/845 na liña León – A Coruña no termo municipal de Monforte de Lemos, que suporá a supresión dos pasos a nivel de Juan Montes e Rioseco.

Dende a Dirección General de Planificación y Evaluación de la Red Ferroviaria convocouse aos titulares dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa para a urxente ocupación das fincas afectadas por este proxecto, ao levantamento de Actas Previas á Ocupación das referidas leiras.

Este proceso iniciouse logo de que dende ADIF, instase, o 24 de outubro de 2023, a incoacción do expediente de expropiación forzosa para dispoñer dos terreos necesarios para a execución das obras do citado proxecto de supresión dos pasos a nivel de Juan Montes e Rioseco.

Dita aprobación conleva a declaración de utilidade pública ou interese social, a necesidade de ocupación dos bens afectados e a declaración de urxencia da mesma, en virtude da Lei 38/2015, de 29 de setembro do Sector Ferroviario, sendo polo tanto de aplicación os preceptos contidos no artigo 52 da Lei de Expropiación Forzosa de 16 de decembro de 1954 y concordantes do Regulamento de 26 de abril de 1957.

Deste xeito, dende o Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible do Goberno de España séguense dando os pasos necesarios para levar a cabo este proxecto de supresión de pasos a nivel dos puntos kilométricos 361/620 e 361/845 na liña León – A Coruña, logo de que o 15 de xuño fora publicada a súa licitación na plataforma de contratación do sector público por 8.273.522,43  euros.

Supresión dos pasos a nivel de Rioseco e Juan Montes

O alcalde, José Tomé Roca, lembrou que “as xestións para suprimir os pasos a nivel citados comezaron no ano 2018, aceptando ADIF a solución proposta en outubro do ano 2019. Como consecuencia, levaremos a cabo a urbanización de toda a zona que vai dende o Restaurante Ronda ata a Carretera de Reigada, cambiando totalmente o aspecto físico desa zona dos barrios da Estación, Morín e Rioseco”.

A licitación do proxecto estaba previsto que se levara a cabo no ano 2022, pero debido ao incremento de prezos dos materiais despois da pandemia da Covid-19, o Goberno de España aprobou un Decreto e a Xunta de Galicia outro, no que regulaban a revisión de prezos dos proxectos cunha suba dos mesmos, dun 20 %.

A previsión do custo destas obras ascendía ao redor de 6.000.000 euros, que, unha vez revisados nese 20 % aproximado, ascende a 8.273.522,43 euros, o que supón unha inversión moi importante que vai a supoñer dinamizar toda esa zona.

Con estas actuacións construiranse 5 rúas novas, un paso inferior, unha rotonda e unha ponte que poñerán en valor as zonas sinaladas. As novas rúas pasarán a ser de titularidade municipal, sendo incluídas no inventario de bens do Concello de Monforte.

“En definitiva”, conclúe o rexedor, “seguimos dando os pasos necesarios para desenvolver un proxecto de moito calado que sen dúbida contribuirá a mellorar estas zonas da cidade e a aumentar a seguridade de vehículos e persoas”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18535685539246