As xornadas 'As actividades agro-gandeiras fronte aos incendios na montaña' chegan esta fin de semana a Quiroga
RibeiraSacraXa
A actividade está organizada pola Sociedade Galega de Pastos e Forraxes
Cartel da xornada 'As actividades agro-gandeiras fronte aos incendios na montaña'
14 Nov 2024
A Casa da Cultura de Quiroga acollerá durante os días 16 e 17 de novembro a terceira edición das xornadas 'As actividades agro-gandeiras fronte aos incendios na montaña'.
A cita está organizada pola Sociedade Galega de Pastos e Forraxes en colaboración coa Área de Medio Rural da Deputación de Lugo, A Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel, o Concello de Quiroga e a Axencia Galega de Calidade Alimentaria.
O programa incluirá durante a xornada do sábado, entre as 10.00 e as 18.00 horas, máis dunha decena de charlas e coloquios nos que participarán diferentes expertos na materia, así como unha visita ao Museo Xeolóxico de Quiroga e ao monte comunal de Fiais durante a xornada do domingo.