As promesas do voleibol citáronse en Monforte no Campionato Galego de Voleibol Benxamín e Prebenxamín

RibeiraSacraXa
Máis de 150 nenos e nenas de todos os puntos de Galicia competiron este sábado na Pinguela
imaxe-federaciion-galega-volei-campionato-monforte-benxamiin
Imaxe da Federación Galega de Voleibol
16 Mar 2025

O Pavillón Municipal da Pinguela acolleu este sábado a segunda proba do Campionato Galego de Voleibol Benxamín e Prebenxamín, que reuniu a máis de 150 nenos e nenas, e 30 equipos de categorías inferiores, acompañados de adestradores, persoal técnico, árbitros, familiares e amigos.

Xogadores e xogadoras procedentes de todos os puntos de Galicia, de concellos como Rianxo, Lugo, Pontevedra, Ourense, de A Coruña ou Narón, entre moitos outros achegáronse a Monforte este sábado nesta cita que reuniu ás promesas do volei galego.

Da provincia de Lugo participan o Club Korbis, o EMEVÉ e o C.V. Ribeira Sacra.

⚙ Configurar cookies
0.16119194030762