As obras do miradoiro da Cariza, en Castelo, Taboada, están case rematadas

RibeiraSacraXa
A estrutura de madeira está rematada e está colocada a mesa interpretativa no medio das dúas pasarelas desde as que poderán contemplar as vistas
mirador-de-Castelo-en-Taboada
5 sep 2024

O alcalde de Taboada, Roi Rigueira, anuncia unha "boa nova na parroquia de Castelo", onde este sábado terá lugar a Queima das Fachas, que é que as obras do miradoiro da Cariza están case rematadas.

A estrutura de madeira está rematada e está colocada a mesa interpretativa no medio das dúas pasarelas desde as que poderán contemplar as vistas que ofrece a ribeira.

Tamén se está levando a cabo a sinalización, tanto desde Abeledo como desde Ider, para que ninguén se perda e proximamente, adecentaranse os accesos para que sexa máis doado chegar, e embelecerase os arredores do miradoiro con algunha árbore autóctona e mobiliario sinxelo, ademais dunha pequena homenaxe á xa finada Isaura Abelairas e a súa familia, "por cederlle de xeito gratuito ao Concello de Taboada este terreo", explica o rexedor.

0.20236992835999