As familias da Pobra do Brollón organizan unha protesta para pedir un profesor máis no colexio
Os pais e nais da Pobra do Brollón teñen prevista unha protesta para o día 25 de agosto en relación ao reagrupamento do alumnado de Primaria do CEIP do municipio.
O alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, reuniuse a principios de semana coas familias do colexio e mostroulles o seu apoio. Solicitou unha reunión co delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, e se non chegan solucións, polo que o Concello tamén estará presente na manifestación do día 25.
De aplicarse os recortes, o próximo curso haberá 33 alumnos de Primaria que se dividirán en dúas aulas de 16 e 17 alumnos. Nunha van primeiro e segundo, e na outra os outros catro cursos.
As familias piden un docente máis e un reparto máis equitativo dos cursos, que agrupan a estudantes de niveis moi dispares e ademais superan as cocientes recomendadas pola propia Xunta.