Arredor de 300 familias de Quiroga xa dispoñen de internet a alta velocidade
No Concello de Quiroga, actualmente hai 300 familias que xa dispoñen de internet a alta velocidade grazas á fibra óptica que se puxo aos distintos fogares do municipio por parte de Adamo.
Desde a entidade, sosteñen que "a fibra óptica é de vital importancia en calquera lugar, pero máis aínda en localidades pequenas e rurais e que levan anos loitando contra o despoboamento, como no caso de Quiroga, que acumula décadas perdendo habitantes e busca, con esta tecnoloxía, investir a tendencia".
Adamo estivo traballando desde hai semanas no Concello e os esforzos xa dan resultados, "debido a que 300 familias de Quiroga acaban de acceder a Internet ultrarrápido, de ata 1.000 Mb, que xa teñen á súa disposición", explican desde a entidade.
Así llo trasladou David Chairo, responsable do operador en Galicia, ao equipo de Goberno do concello e aos veciños. Pola súa parte, o alcalde, José Luis Rivera, ademais de celebrar o aceso da fibra óptica, está a impulsar o desenvolvemento da infraestrutura tanto concedendo os permisos pertinentes con axilidade como facilitando en todo momento o labor dos técnicos.