Arias destacou o esforzo da Xunta para impulsar a artesanía galega en Artelemos
RibeiraSacraXa
O delegado lembrou que esta cita recibiu apoios do Goberno galego nas dúas últimas edicións
9 Aug 2024
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou Artelemos, a feira de artesanía que se celebra ata o vindeiro sábado na rúa Cardenal de Monforte de Lemos.
Arias destacou o esforzo da Xunta para impulsar a artesanía galega, cun programa de axudas específico para que os obradoiros artesanais asistan a feiras tanto profesionais como de venda directa e de Nadal dentro e fóra de Galicia, ou para eventos como Artelemos.
O delegado lembrou que esta cita recibiu apoios do Goberno galego nas dúas últimas edicións, e a convocatoria deste ano está actualmente en tramitación.