Andrea & The Black Cats actuarán este sábado na Praza do Concello de Pantón

RibeiraSacraXa
Andrea & The Black Cats actuarán este sábado na Praza do Concello de Pantón de maneira gratuíta para todos
Andhrea and the black cats
13 Xul 2023

O Concello de Pantón organiza unha sesión de música no marco de 'Música na praza' na que o grupo Andres & The Black Cats actuarán na Praza do Concello este sábado, 15 de xullo, a partir das 22.30 horas de maneira gratuíta.

Andrea & The Black Cats xorde en 2012 un cuarteto de blues galego formado por Ramón Figueira “Figui” (armonicista), Benjamin Vazquez (guitarrista), Andrea Verdú (voz e percusión) e Álvaro Trillo, batería que achega a percusión a través dunha caixa, timbal base e complementos sonoros.

Así, a través das súas cancións, presentan un repertorio con versións de clásicos esquecidos e non tan esquecidos da fecunda historia do blues desde os anos 20 ata algúns dos 60.

0.064256191253662