Alumnos do CEIP A Gándara e usuarios do centro de día de Monforte participaron nun encontro interxeracional

RibeiraSacraXa
Baixo o lema “Abrazando o bo trato”, realizaron unha visita guiada polo Pazo de Tor para abordar o impacto da desigualdade e a discriminación das mulleres ao longo da historia
Encontro interxeracional, Monforte
Encontro interxeracional, Monforte
21 Nov 2024

O Pazo de Tor acolleu este mércores unha actividade interxeracional na que participaron alumnado do CEIP A Gándara e persoas usuarias do centro de día de Monforte.

Baixo o lema “Abrazando o bo trato”, realizaron unha visita guiada polo museo reparando nas pezas ou obras que reflicten o impacto da desigualdade e a discriminación das mulleres ao longo da historia. Tamén compartiron unha actividade lúdica -abrazos de cores – que puxo o foco na necesidade da educación en igualdade para identificar a violencia e para crear relacións afectivas sas.

A actividade súmase ás visitas guiadas que se están a desenvolver ao longo deste mes de novembro nos museos provinciais co programa “Rompe o silencio. Non hai escusa”, que propón itinerarios pensados para dar visibilidade á pegada da violencia de xénero en obras de arte de distintas etapas históricas, sinalando o impacto que factores como a raza, a clase social ou a idade teñen na forma en que se manifesta a desigualdade.

0.18995904922485