Alumnado do IES A Pinguela de Monforte remata o curso en Cangas e nas illas Cíes

RibeiraSacraXa
Alumnado de todos os cursos de ESO acercouse ás Rias Baixas para pasar unhas xornadas de vagar e descanso
ies_a_pinguela_excursion
23 Jun 2024

Alumnado de todos os cursos de ESO acercouse ás Rias Baixas para pasar unhas xornadas de vagar e descanso despois de todos os meses de traballo intenso durante o curso escolar. O primeiro día os 116 viaxeiros visitaron Baiona e Cangas do Morrazo cos seus profesores, onde se bañaron na praia de Rodeira e fixeron noite.

Ó día seguinte, colleron en Vigo o barco para viaxar ata as Illas Cíes, a unha das praias do Parque Nacional das Illas Atlánticas, para pasar o día e tomar o sol en camaradaría cos compañeiros de curso. Foi unha viaxe de confraternidade que, coma todos os anos por estas datas, sirve para liberar tensións dos exames finais e coller forzas para afrontar o duro verán vacacional que os agarda.

0.15752601623535