Alcalde e artesáns valorar moi positivamente a organización de Artelemos

RibeiraSacraXa
O alcalde do Concello de Monforte, José Tomé Roca, visitou a XXIV Mostra de artesanía Artelemos 2024
Artelemos-2024
8 Ago 2024

O alcalde do Concello de Monforte, José Tomé Roca, visitou a XXIV Mostra de artesanía Artelemos 2024, acompañado pola tenente de Alcalde, Gloria Prada, o concelleiro de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, a concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López e a técnico de Desenvolvemento Local do Concello, Ma Trinidad López .

Na visita, o rexedor quixo saudar a todos os artesáns e compartir impresións sobre o desenvolvemento da Mostra e o grado de satisfacción que teñen coa participación neste certame que xa se converteu nun clásico para a maioría deles.

Tal e como lle explicaron os artesáns a Tomé, coinciden en valorar moi positivamente a organización da Mostra así como a asistencia de público que consideran que vai en aumento ano a ano coa presenza cada vez de mais turistas.

Unha gran parte dos participantes repiten a experiencia de expoñer a súa artesanía en Artelemos porque tal e como lle explicaron a Tomé a experiencia de anos pasados foi moi positiva e cada edición se suma mais xente interesada non so polos produtos que elaboran, senón tamén polas técnicas que empregan para a súa elaboración.

Tomé mostrouse encantado polo grado de satisfacción dos artesáns e agradeceulles a súa participación neste certame que contribúe a dinamizar Monforte, a Comarca de Lemos e a Ribeira Sacra.

Dende o ano 2015, Artelemos celebrase tódolos anos cun aumento progresivo de participantes e artesáns que avalan este tipo de eventos, e mostra delo é a ampliación, nun día máis, do calendario deste ano.

CONSULTA TODA A PROGRAMACIÓN PREMENDO AQUÍ

 

0.13771605491638