Albores organiza un ciclo de charlas sobre saúde mental en centros educativos do sur de Lugo

RibeiraSacraXa
Albores organiza un ciclo de charlas sobre saúde mental en centros educativos do sur de Lugo e xa hai seis citas
albores Monforte
23 Mar 2023

A Asociación Albores de Monforte porá en marcha un ciclo de charlas sobre saúde mental nos institutos da comarca de Monforte, de Chantada e de Quiroga.

Así, por agora, seis centros educativos beneficiaranse desta iniciativa promovida pola asociación para que alumnado e profesorado adquiran coñecementos básicos para previr posibles casos de trastornos de saúde mental.

A encargada de impartir estas formacións é a psicóloga Raquel López González e estarán financiadas polo Programa de Cooperación da Xunta para a abordaxe da exclusión social das personas con enfermidades mentais.

0.12103009223938