Abre o prazo para solicitar as seis vivendas sociais da Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes no departamento de Servizos Sociais antes do 20 de agosto
vivendas-sociais-a-pobra-do-brollon
Vivendas sociais
29 Xul 2024

Ata o día 20 de agosto de 2024 está aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso de adxudicación de 6 vivendas sociais de titularidade municipal situadas no edificio das antigas vivendas dos Mestres, ao carón do colexio da Pobra do Brollón.

As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes no departamento de Servizos Sociais (Casa da Cultura ‘Olga Novo’-1º andar) de luns a venres en horario de 09:00 a 11:00 horas.

Os requisitos para acceder a ditas vivendas, inclúen ter uns ingresos inferiores 2,5 veces o IPREM de acordo co rateo establecido no punto 3.3, non ter a persoa solicitante nin ningún outro membro da unidade de convivencia unha vivenda en propiedade e estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e resto de ingresos procedentes da Tesourería Municipal.

Ademais hai que estar empadroado no Concello da Pobra do Brollón durante un período non inferior a 3 anos previos á data da publicación do presente prego e acreditar mediante o certificado expedido polo Ministerio de Xustiza a carencia de delitos de natureza sexual.

0.16540002822876