Aberto o prazo para solicitar as axudas á colleita en verde da viña en Galicia

GaliciaXa | RibeiraSacraXa
O Consello Regulador da DO Ribeira Sacra organizará charlas en Chantada e Sober para informar sobre as bases e os requisitos para solicitar as axudas
quiroga viñedos
9 Apr 2025

O DOG vén a orde da Consellería de Medio Rural do 4 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á colleita en verde da viña en Galicia e se convocan para o ano 2025.

A colleita en verde é destrución ou eliminación total dos acios de uvas de viñedos que se destinen á produción de uva para vinificación de maneira que se reduza a cero o rendemento da parcela, sen que poidan existir uvas sen vendimar na parcela de viñedo obxecto da axuda.

Requisitos para solicitar a axuda

A parcela de viñedo deberá ter sido plantada previamente ás tres campañas anteriores a aquela na que se solicita a axuda, ter unha superficie igual ou superior a 500 metros cadrados, atoparse en produción e en bo estado vexetativo. A eliminación dos acios debe facerse de maneira manual.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos ata o 25 de abril, e a resolución das parcelas e solicitudes admitidas será antes do 30 de xuño. Dende esta fecha ata o 15 de xullo deberá realizarse a eliminación dos acios A partir de esta fecha a administración realizará controis sobre o terreo a todas as parcelas ás que se concedeu a subvención.

O importe da axuda abarca a suma de dous conceptos: en primeiro lugar, o importe de eliminación física dos acios que será o 50% do custo, considerado o custo de 1.547,57 euros por hectárea se o realiza o viticultor e 2.499,78 euros/ha si se fai mediante contratación externa ou persoal asalariado; en segundo lugar, o importe da compensación económica do 50 % do produto calculado de multiplicar o rendemento medio da parcela obxecto da axuda considerando para o seu cálculo a media aritmética das tres últimas campañas vitícolas por o valor da uva que é de 1,17 euros/kg.

Para o informar sobre estas axudas o Consello Regulador da DO Ribeira Sacra organizará unha charla o 14 de abril ás 19.30 horas no Auditorio de Chantada, outra o 15 de abril á mesma hora na Casa da Cultura de Sober e, por último, unha o 16 de abril ás 19.30 horas no Castelo de Castro Caldelas.

 

 

⚙ Configurar cookies
0.16719198226929