A XXXI Feira do Viño de Vilachá da Pobra do Brollón celebrarase a primeira fin de semana de maio

RibeiraSacraXa
A XXXI Feira do Viño de Vilachá, que se celebrará a primeira fin de semana de maio, os días 3, 4 e 5 de maio, no conxunto de adegas medievais da Abelaira xa ten cartel oficial.
13 Abr 2024

A XXXI Feira do Viño de Vilachá, que se celebrará a primeira fin de semana de maio, os días 3, 4 e 5 de maio, no conxunto de adegas medievais da Abelaira xa ten cartel oficial.

Así, desde o Concello da Pobra do Brollón sosteñen que serán días días repletos de actividade e, seguindo cos cambios dos últimos anos, haberá dous circuítos de colleiteiros e adegas e catas temáticas.

Ademais, como o ano pasado, haberá unha gran programación musical que aínda está por confirmar. O ano pasaddo os protagonistas foron Corenta e Chinco, Os Galochas, D'Tazas, Comando Sendeiro e Brindeiras de Guimaralia.

0.1783390045166