A XXXI edición da tradicional Festa dos Ósos chega a Taboada

RibeiraSacraXa
A XXXI edición da tradicional Festa dos Ósos chega a Taboada
Festa caldo dos osos
19 Feb 2023

Hoxe é o día grande da tradicional Festa do Caldo de Ósos de Taboada.

Nesta XXXI edición as persoas que asistan poderán desfrutar dunha exhibición e exposición de Fachas do Castelo a partir das 09.30 horas da mañá.

Ás 10.00 horas o mago Marcos Mariño estará facendo maxia ata ás 12.00 horas e pola tarde haberá outra actuación para os que non puideron ir pola mañá, de 17.00 horas a 19.00 horas.

Outra das novidades deste ano é a da exposición e paseo de vehículos clásicos por Taboada que chegarán xa ás 11.00 horas da mañá diante do Concello. Poderán visitarse ata as 18.00 horas.

Tamén ás 11.30 horas terá lugar unha exposición de Fachas do Castelo na Praza de Riazón. E na mesma praza ás 11.45 estará Álvaro Villasante, do Restaurante Paprica, facendo un obradoiro de cociña en directo.

Por outra parte, entre as 13.00 e as 13.30 horas haberá música en vivo por parte da AC Rechouchíos e tamén actuarán entre as 14.30 e as 15.00 horas. Mentres que o DJ Carballas estará de 15.00 horas a 17.00 horas, e de 18.00 a 20.00 horas.

E ás 13.30 horas terá lugar o pregón por parte de Francisco Xabier Amuíña Chorén.

reserva festa dos osos
0.13961100578308