A XXVI Feira da Rosca de Sober terá lugar os vindeiros 11 e 12 de agosto
O Concello de Sober celebrará os días 11 e 12 de xullo a edición XXVI da Feira da Rosca, mel e outros produtos da Ribeira Sacra, coincidindo co V Túnel do Viño de Amandi.
Así, durante estes dous días, haberá expositores de roscas, de alfarería, de mel, de queixo e artesáns, ademais doutros acontecementos, como o da degustación gratuíta de 2.000 racións de rosca de Sober con queixo, como xa é tradición.
As bodegas participantes no V Túnel do Viño estarán abertas o venres e o sábado, en horario de mañá e de tarde.
Programación
Así, o venres, 11 de agosto, terá lugar a inauguración do V Túnel do Viño ás 18.00 horas, que se manterá haberto ata as 22.00 horas e, ás 21.00 horas, terá lugar a actuación do grupo Boroa co espectáculo O'Clásico Fol.
Xa o sábado será o día grande, que acollerá desde as 10.00 horas o disparo de bombas de palenque para dar inicio á xornada, coa apertura dos stands ás 10.15 horas e a apertura de 11 a 15.00 horas do V Túnel do Viño de Amandi. Ademais, tamén ás 11.00 horas terá lugar a demostración de traballos en madeira tallada e torneada da Asociación de Amigos da Madeira das Pontes, e do mesmo xeito, de 11.00 a 13.00 horas haberá un obradoiro de fieltro para todos os públicos de Ovella Fina.
Tamén, ás 11.15 horas actuará o grupo Os Monifates e ás 12.00 horas actuará a Banda de Acordeóns O Folión dos Xograres de Lemos. Por último, para rematar a xornada, haberá unha degustación gratuíta de 2.000 racións de rosca de Sober con Queixo para todas as persoas participantes.