A XVI Festa da Solidariedade coas Persoas Maiores volve ao Courel

RibeiraSacraXa
A edición número quince da Festa da Solidariedade coas Persoas Maiores chega ao concello do Courel no mes de outubro
Festa da Solidariedade coas persoas maiores Folgoso do Courel
18 sep 2023

O Concello de Folgoso do Courel celebrará o 30 de setembro a XVI Festa da Solidariedade coas Persoas Maiores. Todas as persoas empadroadas de 65 ou máis anos recibirán ao longo deste mes a correspondente invitación por correo postal para poder asistir ao evento. Se por algunha circunstancia, algún veciño non a recibise, dende o concello trasladan que estarían igualmente convidados a participar.

O recinto que se habilitará para celebrar esta Festa da Solidariedade coas Persoas Maiores serán as instalacións do CPI Poeta Uxío Novoneyra. A festividade será gratuíta e cada veciño poderá ir acompañado por unha persoa.

As inscricións deben realizarse antes do venres 28 de setembro nas oficinas do concello de Folgoso do Courel ou no teléfono 982 433 001 (débese confirmar se se desexa acudir no autobús que facilitará o propio concello).

O Courel
0.16471600532532