A Xunta pon en valor a celebración do Carude Rock en Monforte

RibeiraSacraXa
Arias gabou o labor dos organizadores para “converter o barrio monfortino de Carude nun referente musical"
Javier-Arias-no-Carude-Rock
9 Ago 2024

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na presentación dunha nova edición do Carude Rock, que se celebra co apoio da Xunta de Galicia.

Arias gabou o labor dos organizadores para “converter o barrio monfortino de Carude nun referente musical, apostando por impulsar o talento galego”.

Este ano actuará o grupo local Delorians e os coruñeses Zënzar e Mártires del Rock & Roll. O festival dará comezo ás 20.30 horas.

0.162917137146