A XLIV edición da Feira do Viño de Amandi de Sober xa ten a súa pregoeira: Lucía Rodríguez
Lucía Rodríguez, xornalista e presentadora de televisión con raíces en Sober, xa que o seu pai é de Sober e a súa nai de Castro Caldelas, será a pregoeira da XLIV Feira do Viño de Amandi.
O alcalde de Sober asegura que “é unha gran embaixadora do noso Concello, polo que estamos moi contentos de que estea con nós no maior escaparate dos nosos viños, o Amandi”.
Esta festa declarada de Interese Turístico de Galicia, que celebrará a súa XLIV edición no Concello de Sober os días 22, 23 e 24 de marzo, coincidindo coa fin de semana de Ramos, reúne cada ano a milleiros de persoas e pon de relevo a importancia da actividade vitivinícola na zona.
O Concello de Sober dará a coñecer este sábado no miradoiro de Pena do Conde, na Barca, o cartel anunciador da XVIL Feira do Viño de Amandi, obra de Eduardo Pérez Baamonde, así como a programación do Mes do Amandi e o programa de actividades da Feira.