A X Concentración Mototurística de Chantada desenvolverase os vindeiros 13 e 14 de abril
O Motoclub R.S. Chantada organiza a X Concentración Mototurística de Chantada os vindeiros sábado 13 e domingo, 14 de abril coa colaboración do Concello de Chantada.
Ata 350 persoas poderán participar desta edición á que se poderán apuntar ata o vindeiro 7 de abril pagando unha cota de 45 euros ou apuntándose o mesmo día por 50.
Así, o sábado 13 ás 12.00 horas abriranse as inscricións e xa ás 17.00 horas terán lugar os xogos moteiros ata ás 19.00 horas, cando terá lugar o 1º pase Emilio Zamora. Ás 21.00 horas será a cea e ás 23.30 horas o 2º pase de Emilio Zamora. Ao remate, celebrarase a festa con disco móbil, CDC e o sorteo de minimoto.
Pola súa parte, o día 14, ás 09.00 horas terá lugar o almorzo e ás 11.00 horas será a ruta turística pola Ribeira Sacra. Xa ás 13.30 horas terá lugar a comida con sorteo de agasallos moteiros e a entrega de trofeos.