A veciñanza de Pantón poderá participar na II Xornada de Iniciación á Micoloxía

RibeiraSacraXa
O Concello de Pantón acolle a segunda edición da Xornada de Iniciación á Micoloxía.
setas cogomelos micoloxia
setas cogomelos micoloxia
16 Nov 2023

O Concello de Pantón acolle a segunda edición da Xornada de Iniciación á Micoloxía. A cita, que está organizada pola asociación veciñal A Curuxeira de Espasantes, celebrarase o vindeiro 18 de novembro en horario de mañá.

Con parte teórica e parte práctica, que inclúe saída ao campo, o evento será de 10.00 a 14.00 horas da man do relator José Castro, membro da Sociedade Micolóxica Lucus. A partir das 14.00 horas terá lugar un xantar popular con empanada do país no local social.

Os interesados deben realizar a súa inscrición, que ten un prezo de 8 euros por persoa, antes do venres 17. Poden facelo a través dos números 661 750 198, 654 712 535 ou do 617 444 356.

segunda_xornada_micoloxía_panton
0.16234707832336