A Torre da Homenaxe lucirá de azul este domingo no Día do Autismo

RibeiraSacraXa
As diferentes asociacións implicadas na organización da campaña perseguen o reto de chegar a 400 entidades iluminadas en España.
monforte torre homenaxe azul autismo
1 Apr 2021

Como xesto simbólico e en sinal de apoio ás persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), o Concello de Monforte iluminará mañá domingo, pola tarde-noite, a Torre da Homenaxe de cor azul con motivo da conmemoración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

Monforte súmase así á campaña mundial que promove Autism Speaks, co apoio de Autismo Europa, Autismo España e Autismo Galicia. A  través do lema 'Podo aprender. Podo traballar', a campaña pon este ano o foco na educación e o emprego, dúas áreas fundamentais para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA e conseguir a súa participación efectiva na sociedade.

No pasado ano 2020 ilumináronse en España máis de 350 monumentos, 35 deles en Galicia. Este ano, as diferentes asociacións implicadas buscan o reto de chegar a 400 entidades iluminadas en España, e unha será a Torre da Homenaxe monfortina.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18532109260559