A terceira idade poderá acudir á actividade de ximnasia de mantemento na Pobra do Brollón
RibeiraSacraXa
A terceira idade poderá acudir á actividade de ximnasia de mantemento na Pobra do Brollón no último trimestre do curso
7 Abr 2023
A Pobra do Brollón organiza unha actividade de ximnasia de mantemento para a terceira idade.
Terá lugar unha clase á semana en horario de tarde e terá un prezo de 30 euros por trimestre.
Esta actividade farase se hai un grupo de 10 persoas como mínimo.
Para máis información e inscricións pódese contactar co número 982 430 447 ou a través das oficinas de Servizos Sociais do Concello polas mañás.