A subdelegada do Goberno abordou co alcalde de Ribas de Sil a posta en marcha de internet de alta velocidade

RibeiraSacraXa
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, visitou o Concello de Ribas de Sil para manter un encontro institucional co alcalde e algúns dos concelleiros do equipo de Goberno para falar do papel do Estado no municipio con plans e programas.
subdelegada do Goberno no Concello de Ribas de Sil
16 Xan 2024

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, visitou o Concello de Ribas de Sil para manter un encontro institucional co alcalde e algúns dos concelleiros do equipo de Goberno para falar do papel do Estado no municipio con plans e programas.

Isabel Rodríguez abordou co alcalde, Miguel Ángel Sotuela, a posta en marcha de internet de alta velocidade do programa Único – Banda Ancha, que permitirá que máis de 1.320 empresas e fogares teñan conexións de 300 Mbps, escalables a 1 Gbps.

Mencionaron tamén a posta en marcha de accións encamiñadas á mellora e eficiencia enerxética do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico a través do IDAE para a renovación de instalacións do alumeado exterior de varias parroquias e aldeas do municipio.

“Con estes programas, o Estado quere garantir que os concellos que forman parte do Reto Demográfico conten coas mesmas oportunidades que os concellos máis grandes e poidan frear e loitar contra o despoboamento do rural, facéndoo máis atractivo e vivo”.

Así, a subdelegada tamén lle tendeu a man ao alcalde para informarlle de que a subdelegación estará aí cando o precise “para camiñar xuntos e seguir mellorando o seu concello con melloras substanciais para o municipio”.

0.16975784301758