A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes organizou unha xornada sobre agrogandeiría na Pobra do Brollón
RibeiraSacraXa
A Pobra do Brollón acolleu a xornada 'As actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña', organizada pola Sociedade Galega de Pastos e Forraxes coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
3 Dec 2023

No encontro gandeiras e gandeiros e persoal técnico expuxeron proxectos de silvopastoreo e gandeiría extensiva que se están a desenvolver en distintos puntos de Galiza, incidindo na importancia destas iniciativas na prevención dos lumes.
Entre eles, iniciativas con apoio directo da área de Rural a través do programa O que non arde, como a de José Manuel Espiño Iglesias da CMVMC de Carballo, en Friol, beneficiario dunha axuda para desenvolver alpendres móviles para gando cabrún.