A San Silvestre Solidaria de Quiroga congregou a máis dun cento de participantes

RibeiraSacraXa
Máis de cen persoas participaron na octava edición da Carreira Andaina San Silvestre Solidaria que se organizou para celebrar o novo ano no Concello de Quiroga.
2 Jan 2023

Máis de cen persoas participaron na octava edición da Carreira Andaina San Silvestre Solidaria que se organizou para celebrar o novo ano no Concello de Quiroga.

Os participantes saíron desde a Praza España da vila para percorrer andando ou correndo 2'5 quilómetros que estaban postos como obxectivo da actividade.

As persoas inscritas, ademais de ter que facer ese percorrido, tiveron que aportar dous quilos de alimentos non perecedoiros, que se entregarán as familias máis necesitadas do concello.

Polo que respecta aos premios, que foron entregados polo alcalde Julio Álvarez e os concelleiros Andrés Novoa e Loli Sánchez, estes consistiron nunha cesta de Nadal ao mellor disfrace, e sorteáronse catro máis entre todos os participantes patrocinadas polos supermercados Covirán, Plenus, Día, Escaleira e Familia.

Como novidade este ano, agasallouse aos primeiros cen inscritos unha perruca de fin de ano.

0.16102194786072