A rapazada da Pobra do Brollón xa pode desfrutar de novo equipamento deportivo
RibeiraSacraXa
A iniciativa estivo financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade
10 Ago 2024
O Concello da Pobra do Brollón adquire equipamento de fútbol, camisetas e pantalóns, para as nenas e nenos inscritos no programa de 'a Guimaralia máis corresponsable'.
A motivación foi darlles un bo uso nos diferentes torneos de fútbol sala destes días, como os da Ferreirúa, A Pobra ou Bóveda.
A iniciativa estivo financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade a través do Plan Corresponsables.