A primeira xornada de iniciación na micoloxía da Asociación O Carballo terá lugar o día 28

RibeiraSacraXa
A Asociación Cultural O Carballo de Taboada organiza a súa primeira Xornada de iniciación na micoloxía, a nivel de iniciación básica, o vindeiro 28 de outubro, día no que as persoas participantes estudarán a fondo os fungos.
setas cogomelos micoloxia
12 Out 2023

A Asociación Cultural O Carballo de Taboada organiza a súa primeira Xornada de iniciación na micoloxía, a nivel de iniciación básica, o vindeiro 28 de outubro, día no que as persoas participantes estudarán a fondo os fungos.

Así, a experta micóloga chantadesa Olga Otero, será a encargada de impartila, e constará dunha parte teórica, seguida dunha saída de campo para comprobar os aspectos teóricos na vida real.

As persoas interesadas en participar deberán poñerse en contacto coa Asociación Cultural O Carballo, xa que as prazas son limitadas e terán prioridades os socios, aínda que poden participar as persoas que queiran.

xornada micoloxía
0.074952840805054