A primeira carreira dos picariños do Xeoparque Montañas do Courel terá lugar o día 22
O vindeiro 22 de febreiro terá lugar a primeira carreira dos picariños do Xeoparque Montañas do Courel no campo de fútbol de Quiroga.
Esta iniciativa está organizada polos organizadores do Quiroga Trail Challenge co apoio do Xeoparque Montañas do Courel, e os concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel.
Así, os destinatarios serán os picariños, é dicir, o alumnado de Infantil e Primaria dos centros educativos de Quiroga, o de San Clodio e o CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel, un total de 210 nenos e nenas.
Nesta iniciativa, outra das novidades desta edición, participarán un total de 210 alumnos e alumnas, de entre 3 e 14 anos, das etapas de educación infantil, educación primaria e educación secundaria, procedentes dos centros dos tres concellos: o CEIP de Quiroga, o CEIP de San Clodio e o CPI Poeta Uxío Novoneyra.
A carreira contará con varias distancias, adaptadas ás diferentes idades dos participantes, porque os organizadores explican que queren "promover este deporte nos máis pequenos e, ao mesmo tempo, que comecen a sentir o espíritu QTC como algo seu, da súa terra", sinala Blas Rodríguez, responsable do evento.
A organización quere agradecer tamén a absoluta implicación dos tres concellos participantes: Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel; así coma a colaboración do Xeoparque Mundial da Unesco e, como non, de todo o profesorado que apladiu a iniciativa desde o primeiro momento.