A presentación dunha guía de Fegadace sobre persoas con dano cerebral adquirido terá lugar en Sober

RibeiraSacraXa
A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) está a realizar un ciclo de presentacións da recén editada Guía legal para persoas con dano cerebral adquirido.
21 Abr 2024

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) está a realizar un ciclo de presentacións da recén editada Guía legal para persoas con dano cerebral adquirido. Aproximación á Lei 8/2021 e a outras normativas de interese para o colectivo, elaborada polo avogado e responsable do servizo de asesoramento legal da Federación Miguel Vieito.

Miguel Vieito, xunto coa traballadora social de FEGADACE, Carla Miranda, será o encargado de impartir estas sesións informativas, que chegan a Sober o 24 de abril no Salón de Actos da Casa da Cultura entre as 12.00 e 13.30 horas.

O ciclo de presentacións, que organiza FEGADACE en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns diríxese tanto a profesionais dos ámbitos dos servizos sociais e da discapacidade como a persoas e familias con dano cerebral adquirido.

0.15912413597107