A Praza de Abastos de Monforte acolle este sábado o tradicional Mercado de Outono
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recorda que o Concello celebrará un ano máis o tradicional Mercado de Outono que acolle a Praza de Abastos de Monforte. Será este sábado, 9 de novembro.
O rexedor destaca que “con esta actividade contribuímos a poñer en valor os produtos típicos do outono. Por outra parte, potenciamos o comercio local e de proximidade, axudando a dinamizar e crear atractivos comerciais. E tamén dinamizamos os espazos comerciais da nosa Praza de Abastos”.
Como en pasadas edicións, o Mercado combinará a comercialización de produtos de tempada de outono cunha completa xornada de ocio e diversión, con actividades ó longo de toda a xornada.
Así, no espazo dos Mercados da Praza de Abastos, será posible adquirir produtos de tempada, produtos gastronómicos de outono en 14 postos de venta de castañas, cogomelos, noces ou mel así como os produtos elaborados cós mesmos: doces, marmelos ou licores ademais de embutidos e queixos galegos, xabóns, cosmética natural e artigos únicos como lámpadas de cabazas.
Este mercado de produtos naturais e típicos de outono abrirá as súas portas o sábado 9 de novembro de 10.00 a 14.00 horas, e tamén pola tarde, de 17.00 a 22.00 horas.
Actividades para toda a familia
Dentro do Mercado de Outono, o Concello programou as seguintes actividades, dirixidas tanto a nenos e nenas coma a público adulto.
- 10.00 horas. Apertura do Mercado
- 11.00 horas. Inauguración Oficial
- 12.00 horas. Obradoiro de decoración de cabazas e estampados do outono para nenos e nenas. Para este obradoiro será necesario que os participantes traían a súa cabaza baleira
- 17.00 horas. Pintacaras tenebroso
- 18.00. Contacontos de medo que dan risa, coa narradora Ángeles Goás titulado 'Caldo con unto e ósos de defunto'
- 19.00 horas. 'Showcooking' Otoñal. 'Poderanse degustar 3 tipos de tapas elaborados con setas, castañas e outros produtos de outono. Para poder participar nesta actividade será necesario inscribirse a partir das 18.00 horas
- 20.30 horas. Degustacións de produtos de outono e viños da Ribeira Sacra acompañados de música en directo, co concerto acústico do grupo monfortino Segunda Parte