A Pobra do Brollón organiza a XII edición dos Cantos de Taberna do municipio

RibeiraSacraXa
Na edición do ano pasado, foron 14 os grupos que protagonizaron esta iniciativa polos distintos establecementos do municipio
Cantos-de-Taberna-A-Pobra-do-Brollón-2022
9 Nov 2024

Desde o Concello da Pobra do Brollón anuncian a data para a celebración da súa décima segunda edición dos seus Cantos de Taberna. Na cita, que terá lugar o vindeiro 6 de decembro de 18.00 a 23.00 horas, actuarán grupos tradicionais arredor dos bares do municipio.

Na edición do ano pasado, foron 14 os grupos que protagonizaron esta iniciativa, formada por Airios do Petimor, Cachucha´al pilpil, Cantareiras de Fornelas, Con Ton e Son, Corenta e chinco, Foliada de Bosende, Ministreles, Os Bochetas e os Estoupafoles. Tamén actuarán Searas, Sintróm e Son, Som do Brollón, Son do Mao e TaberNos.

Pola súa parte, os bares que participaron no 2023 foron Avenida, Bar Pirata, O Fogón, Primeiro de Maio, Salanova e A Vella Taberna.

No ano 2022 o municipio recuperou esta festa despois da pandemia e participaron nesta iniciativa 16 agrupacións de música, que actuaron arredor dos bares do municipio.

contos_da_taberna_a_pobra_do_brollón
0.20854520797729