A Pobra do Brollón concéntrase para manifestar a repulsa ante a violencia machista

RibeiraSacraXa
Este venres as veciñas e veciños, os membros da corporación municipal, o persoal do Concello, así como algunhas persoas usuarias e persoal do centro de día xuntáronse para manifestar a súa máis firme repulsa ante calquera tipo de violencia contra as mulleres.
25n_a_pobra_do_brollon
25 Nov 2023

Este venres as veciñas e veciños, os membros da corporación municipal, o persoal do Concello, así como algunhas persoas usuarias e persoal do centro de día xuntáronse para manifestar a súa máis firme repulsa ante calquera tipo de violencia contra as mulleres.

No acto, o alcalde, Xosé Lois Maceda, encargouse de leu o manifestó, tras o que se gardou un minuto de silencio polas vítimas da violencia machista. Maceda quixo recordar a importancia do novo Plan de Igualdade 2023-2027 do Concello na loita para acabar coa desigualdade de xénero e que se pon en marcha dende a Concellería de Igualdade eco obxectivo de acadar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

As accións rematarán este sábado 25, data na que se levará a cabo a organización dun punto Lilás na Foliada Guímara de Lamaigrexa. Os puntos Lilás son espazos para ofrecer información, acompañamento e apoio ante as agresións machistas nas celebracións que se leven a cabo no concello.

0.19391512870789