A Pobra do Brollón celebra unha nova edición das Foliadas Guímaras, neste caso en Canedo
RibeiraSacraXa
Ademais da foliada, terá lugar o espectáculo de narración oral 'Coa palabra na boca' de María da Pontragha
5 Xul 2024
O vindeiro 13 de xullo desenvolveranse unhas novas Foliadas Guímaras na parroquia de Canedo, na Pobra do Brollón.
Desta maneira, a partir das 20.00 horas, terá lugar o espectáculo de narración oral 'Coa palabra na boca' de María da Pontragha.
E despois, tocará facer foliada, na que tamén haberá barra posta pola veciñanza, e ofrecerase caldo e empanada ás persoas asistentes.